Sobrevivindo o paso do tempo, sólo as pedras quedan como testemuña do seu pasado o Fuco Lois está situado na Plazuela da Fonte Sequelo. Situado na ladeira oeste da que foi un asentamento castrense denominado Callobre, xa na Idade Media era un espazo singular pola sua proximidade co Sepulcro do Apostolo Santiago. esquinahistoria
Na plazueleta xa denominada Sequelo, está a Fonte, un dos tres manantiais naturais da cidade e importante suministro de auga dos compostelans en aquel tempo.

Documentos que datan do ano 1136 revelanos que o solar pertenceu o Arzobispo Diego Xelmirez e que no seu interior existía un forno de pan propiedade de un cuengo vinculado o arzobispo que ocupaba a esquina do solar donde na actualidade empata a barra do café ca parede do fondo do local. 


No espazo ocupado pola edificación actual houbo durante o seculo pasado tres casas que foron vendidas o mesmo propietario, o cal as derrumbou e encargou que se construise un novo edificio en 1.888, obra do arquitecto Manuel Pereiro Caeiro.

Para a nova construcción reutilizóu a madeira e as tellas en bo estado da construcción anterior, como exemplo de aquelo é o canón da parede de detras da barra, que pertence ó lugar que se encontrou tras repicar a pedra.

Ademáis unha das pedras de cantería encontradas nas excavacións está situada como banco e o propio enlousado do local é orixinario.

Ahora, nos primeros anos do seculo XXI é o Fuco Lois quen ocupa este espazo convertendoo nún local público para o disfrute dos compostelans e os viaxeiros que acuden a Santiago, cidade con un núcleo historico privilexiado e un pasado que a converte en única.